Durante o confinamento (o grande, o de marzo de 2020) a editorial Blackie Books decidiu facer un “Relatos confinados“ na súa conta de Instagram. Nese momento apareceu na miña mente unha ovella. Unha ovella que ninguén entendía. Unha ovella que, co paso do tempo, acabaría cobrando sentido.
O confinamento facíase duro e a ledicia das historias comezaba a disiparse. Non esperabamos que aquilo se prolongara como o fixo. Moito menos pensabamos que poría a proba o noso corpo, a nosa mente e, para que enganarnos, a nosa vida en xeral. Por iso, só espero que toda persoa que estea á beira do precipicio poida atopar a súa ovella.
Aquí vos deixo o meu relato confinado: