Querido Elefante:
Seré breve, lo prometo, pero permíteme que hoy te escriba en gallego. Necesito expresar mi indignación sobre la situación que estamos viviendo en estas tierras con los incesantes incendios, y creo que es necesario que lo haga en la lengua que mejor la representa, espero que lo entiendas.
Están queimando Galicia. Vergoña debería darlles! Vergoña a aqueles que prenden, a aqueles que deixan prender e a aqueles que non fan nada para solucionar esta situación que se repite ano si e ano tamén.
Vergoña cando te miras no espello para comprobar que pertences a unha raza que se comporta deste xeito, que non aprende dos erros e que tropeza dúas, tres, catro ou cinco veces coa mesma pedra. Si señores si, os humanos sómosche así de intelixentes.
Pode que entre todo este circo dos horrores existan persoas decentes que intentan axudar aínda que sexa coa máis mínima aportación, pero isto non é suficiente. Temos que por todos da nosa parte, temos que organizar prioridades, temos que coidar o que é noso. Así non podemos seguir.
Lembrade que se a terra sufre sufrimos todos.